
11 de xaneiro (xoves):
Vídeo-foro "Bienvenidos o Paraíso: milagro almeriense" (vídeo sobre os impactos sociais e ecolóxicos da agricultura almeriense), dinamizado por Xavier Simón. Ás 20.30 h n'A Esmorga.
12 de xaneiro (venres):
Vídeo-foro "El oro verde" (video sobre transxénicos, patentes, biodiversidade, movementos campesiños, etc...), dinamizado por César Lema. Ás 20.30 h no Trampitán.
13 de xaneiro (sábado):
• Mañá: Dinámicas medioambientais impartidas por Lito (Verdegaia). Ás 11:30 horas na Escola de Baile.
• Tarde: Palestra de Xosé Manuel Beiras: "A destrucción do sistema agrario e a sociedade labrega na Galiza". Ás 19.30 h no salón de actos da Facultade de Ciencias (edificio politécnico)
Inauguración das Xornadas. Ás 21 h n'A Esmorga.
14 de xaneiro (domingo):
• Mañá: Dinámicas medioambientais impartidas por Yolanda Araujo (A Esmorga). Ás 11:30 horas na Escola de Baile.
• Tarde: Mesa redonda de consumidores/as (Manuel Garrido, “Arbore”), productores/as (Charo) e distribuidores/as (Manuel, “Labregos Daiquí”). Ás 19.30 h na Antigua Social Club.
15 de xaneiro (luns):
Obradoiro de compostaxe a cargo de Amig@s da Terra. Ás 20 h na Casa da Xuventude. (Rúa Celso Emilio Ferreiro nº 27)
16 de xaneiro (martes):
Obradoiro de papel e xabón I impartido por Nuria Alonso (Verdegaia). Ás 20 h na Casa da Xuventude. (Rúa Celso Emilio Ferreiro nº 27)
17 de Xaneiro (mércores):
Obradoiro de papel e xabón II impartido por Nuria Alonso (Verdegaia). Ás 20 h na Casa da Xuventude. (Rúa Celso Emilio Ferreiro nº 27)
18 de xaneiro (xoves):
Palestra de Xan Pouliquen: "A agroecoloxía na Galiza". Ás 20.30 h no Ateneo Ourensán. (Rúa Curros Enriquez nº 1)
19 de xaneiro (venres):
Obradoiro para a maduración dun proxecto cooperativo de consumo consciente (Sinerxia, A Xoaninha, Arbore e Briante). Ás 18.30 h na Facultade de Ferro. (Campus Universitario)
Gostaríamos que as persoas e colectivos interesadas en asistir enviarades un correo electrónico a sinerxia@sinerxia.orgEste endereço de e-mail está protegido contra spam bots, pelo que o JavaScript terá de estar activado para que possa visualizar o endereço de email
20 de xaneiro (sábado):
• Mañá: Curso de Cociña (A Cova dos ratos) (*). Ás 11:30 horas na Esmorga. (Rúa Telleira nº 9, zona Universitaria)
• Tarde: Video-foro “A Tornallom” (video sobre a loita pola conservación da horta valenciana na Punta), dinamizada por Carmen González (presidenta da asociación de veciñ*s "La unificadora" de la Punta) e Enric Peris (correalizador e veciño de la Punta). Ás 20.30 h na A Esmorga. (Rúa Telleira nº 9, zona Universitaria)
21 de xaneiro (domingo):
• Mañá: Curso de Cociña (A Cova dos ratos) (*). Ás 11:30 horas na Esmorga. (Rúa Telleira nº 9, zona Universitaria)
• Tarde: Mesa redonda Productores (APEGA, Cume do Avia e Biocoop). Ás 19.30 h no Auriense. (Praza do Correxidor, Zona Vella)
Durante as Xornadas haberá unha exposición permanente de Compostaxe na Casa da Xuventude
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Queremos agradecer especialmente a todas as persoas e colectivos que colaboraron nesta primeira edición das Xornadas de Agroecoloxía de Ourense