Amigos da Terra

Distribuir contenido
Amigos da Terra :: Por un futuro sustentabel
Actualizado: hace 19 horas 1 min

Mesa redonda sobre a Enerxía Eólica

Mar, 02/21/2012 - 14:11

 

O 25 de febreiro Amigos da Terra participará na mesa redonda da Plataforma en defensa da serra do Galiñeiro da que forma parte. A intervención consistirá na exposición doutro modelo posible de desenvolvemento baseado no uso de renovables dun xeito máis sostible, a través da experiencia de As Corcerizas.

O Concello de Trasmiras pretende converterse en obxectivo preferente para un ataque militar

Vie, 02/17/2012 - 13:01

 

Ante o novo intento do Concello de Trasmiras para converterse en base de avións-espía da OTAN, Amigos da Terra pide reflexión sobre as implicacións globais e os riscos para a poboación que leva implícita a instalación dunha base militar.

Xa pasou un ano. Onde está Sandra Viviana Cuellar?

Jue, 02/16/2012 - 23:16

 

Este venres, 17 de febreiro cúmprese un ano da desaparición da nosa compañeira a enxeñeira ambiental Sandra Viviana Cuéllar Gallego, activista do ambientalismo e artista, nacida en Cali hai 26 anos. No momento en que a desapareceron ía cumprir co seu labor como docente da Universidade Nacional, sede Palmira, no departamento do Val do Cauca, en Colombia.

Amigos da Terra pide á Consellería de Cultura e á Dirección do Museo do Mar a liberación do tiburón

Mié, 02/15/2012 - 14:49

 

Amigos da Terra remitiu esta mañá á Consellería de Cultura e á Dirección do Museo do Mar unha petición para que devolvan ao mar á quenlla que manteñen en catividade non seu acuario.

 

Amigos da Terra considera que carece de sentido algún, nin científico nin divulgativo, o mantemento dun pequeno acuario que non deixa de ser un simple zoolóxico de peixes descontextualizado do proxecto museístico xeral, mantendo uns animais en catividade pola mera finalidade dun discutible criterio estético.

Voluntarios Europeos colaboran con Amigos da Terra

Mar, 02/14/2012 - 14:51

 

A asociación Amigos da Terra, acolle a dúas novas persoas voluntarias europeas ambas de Portugal: Marcos Matos de Oporto e Carla Trindade de Lisboa, que acaban de iniciar o seu voluntariado e permanecerán en Ourense durante 1 ano.

Os voluntarios súmanse aos distintos proxectos de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros.

Denuncia ante a Unión Europea contra a moratoria ás renovables

Vie, 02/10/2012 - 10:49

A Coordinadora de Apoio ás Enerxías Renovables (que agrupa máis de cincuenta entidades de diversos ámbitos) decidiu emprender as accións oportunas para preparar unha eventual denuncia ante os organismos da Unión Europea contra a moratoria ao desenvolvemento das enerxías renovables que implica o RDL 1/2012, aprobado polo Consello de Ministros o pasado venres 27 de xaneiro e ratificado hoxe, 9 de Febreiro no Pleno do Congreso cos votos do Partido Popular.

Un vertedeiro tóxico ilegal ameaza a salubridade do Rio Barbaña e os solos de San Cibrao das Viñas

Mié, 02/08/2012 - 22:20

Toneladas de ferralla, deterxentes, plásticos, bidóns de pintura, entre outros residuos tóxicos, foron desenterradas a finais de xaneiro nas inmediacións da nave da empresa Industrias Químicas Gallegas S. A., en San Cibrao das Viñas; nunha investigación aínda aberta na que participaron axentes da garda civil, persoal da Consellería de Medio Ambiente e a Confederación Hidrográfica Miño Sil.

Nace a Plataforma Galega contra a incineración e pola reciclaxe

Lun, 02/06/2012 - 15:01

Esta mañá foi presentada en rolda de prensa a plataforma galega que agrupa a todo o movemento ecoloxista galego e que nace co fin de sumar esforzos contra a incineración e en favor da redución, reutilización e reciclaxe dos residuos.

 

China di NON ao arroz modificado xeneticamente

Lun, 02/06/2012 - 13:37

Levou sete anos, equipos de xuventude activistas, e numerosos incondicionais partidarios, pero no mes de setembro de 2011 o Goberno chinés dixo finalmente que estaba a suspende-la comercialización do arroz modificado xeneticamente (MX).

 

Consulta o histórico completo no revista online de Greenpeace Asia- Leste

Reduce para crecer: entra nun mundo de baixo consumo

Vie, 02/03/2012 - 12:44

 

Sabías que na actualidade consumimos un 50% máis de recursos naturais que hai 30 anos?

 

Este consumo significa 60.000 millóns de toneladas de materias primas ao ano, e coas tendencias de crecemento anual, estímase que en 2030 esta cifra podería incrementarse ata 100.000 millóns de toneladas. Estas cifras non soan moi sostibles...

Reduce para crecer: entra nun mundo de baixo consumo

Vie, 02/03/2012 - 12:44

 

Sabías que na actualidade consumimos un 50% máis de recursos naturais que hai 30 anos?

 

Este consumo significa 60.000 millóns de toneladas de materias primas ao ano, e coas tendencias de crecemento anual, estímase que en 2030 esta cifra podería incrementarse ata 100.000 millóns de toneladas. Estas cifras non soan moi sostibles...

Campeonato nacional de matar raposos

Vie, 02/03/2012 - 11:56

 

Dende Amigos da Terra, apoiamos, xunto con outras 32 asociacións, este manifesto da Plataforma Matar Por Matar NON.

 

O vindeiro sábado, día 4, celébrase en Rois (á beira de Padrón) o campionato nacional de matar raposos.

Día Mundial dos Humedais

Jue, 02/02/2012 - 11:53

 

 

No Día Mundial dos Humedais, Amigos da Terra quere recordar a necesidade de promover en Galicia un modelo de desenvolvemento baseado no uso sostible dos nosos valiosos humedais, en vez da súa destrución debaixo de urbanizacións ilegais e paseos marítimos con deseños inadecuados.

Saída polas ribeiras dos ríos da cidade de Ourense

Mié, 02/01/2012 - 21:22

 

Co gallo da conmemoración do 41 aniversario do Convenio Ramsar, un ano máis, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño da Concellería de Educación, a Concellería de Medio ambiente, e o naturalista Alberto Rivero Saeta querémosvos convidar á realizar unha saída  polas ribeiras dos ríos da cidade ao seu paso polo concello de Ourense.

A incineración provoca danos importantes na saúde, e así o confirma a OMS

Mar, 01/31/2012 - 14:34

 A Organización Mundial da saude advirte sobre a perigosidade dos tóxicos producidos pola incineración de residuos.

Amigos da Terra amosa a súa preocupación polas argumentacións que diferentes alcaldes galegos están a facer sobre a inocuidade das incineradoras na saude das persoas, baseándose en informes descatalogados e rectificados pola propia Organización Mundial da Saude.

A Plataforma Ríos Limpos denuncia os verquidos reiterados ao río Barbaña

Vie, 01/27/2012 - 19:03

 

Diante dos últimos verquidos producidos ao canle do Rio Barbaña, dende a Plataforma Rios Limpos, da que forma parte  Amigos da Terra,  consideramos insultante a repetición continua dos verquidos, e desleixo que se produce por parte das distintas Administracións Públicas con competencias na conservación, vixilancia e custodia dos ecosistemas fluviais (Concellos, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Consellerías da Xunta de Galicia, Fiscalía...).

Amigos de la Tierra/Amigos da Terra denuncian medio século de subvencións a agricultura industrial

Mié, 01/25/2012 - 10:56

A Comisión Europea lanzou onte a campaña de celebración do 50 aniversario da Política Agraria Común (PAC). Amigos de la Tierra considera que coa alarmante desaparición do campesiñado, a perda de biodiversidade e empregos, xunto cos graves problemas de fame no mundo, hai moi pouco que celebrar.

Amigos da Terra advirte que a incineración provoca danos importantes na saúde

Mar, 01/24/2012 - 10:32

 

 

A incineración provoca danos importantes na saúde, e así o confirman diversas organizacións médicas. A incineradora do Irixo prexudicará de forma directa a saude de preto de 40.000 habitantes das comarcas do Deza e Carballiño

A tradición dos verquidos ao río Barbaña

Mié, 01/18/2012 - 22:25

 

Unha vez máis o río Barbaña sufriu un novo verquido, e vemos como xa é unha tradición volvendo a estar contaminado como consecuencia da mala xestión da depuradora do concello de San Cibrao, sen que este tome as medidas oportunas para evitar estes feitos reiterativos e previr as graves consecuencias dos mesmos.

BASF asume o fracaso da súa pataca transxénica e renuncia a vender transxénicos en Europa

Mar, 01/17/2012 - 14:29

 

A organización ecoloxista anima ao resto da industria a seguir o exemplo.

A multinacional química alemá BASF anunciou onte a súa decisión de abandonar o mercado europeo de sementes transxénicas, recoñecendo a “falta de aceptación en moitos lugares de Europa por parte da maioría de consumidores, agricultores e políticos” [1].