Agradecementos das V Xornadas de Agroecoloxía de Ourense

Os colectivos organizantes das V Xornadas de Agroecoloxía de Ourense (A Esmorga, Amigos da Terra, Semente, Sem um Cam e Verdegaia) queren expresar os seus máis sinceiros agradecementos a todas as persoas que, dun ou doutro xeito, participaron e colaboraron de forma altruista no 100% dos casos con todas as actividades que se levaron a cabo durante as 3 semanas de festa e reflexión colectiva que significan as Xornadas de Agroecoloxía, nesta V edición.

Ademáis de todas as persoas participantes e poñentes, e do grande equipo de artistas-músicas/os que colaboraron no concerto das Xornadas, queremos agradecer especialmente ao Sindicato Labrego Galego pola súa máis que importante presencia nesta V edición das Xornadas, e pola súa grandísima receptividade á hora de atender ás nosas peticións; e tamén ao Café Cultural Auriense, porque non só albergan no local, un ano máis, os concertos que proporcionan a financiación necesaria para levar a cabo as Xornadas, senón que ademáis este ano colaboraron económicamente coa organización.

Por outra banda, deixámovos a modo de resumo unhas fotos realizadas por Natalia G. Devesa, organizadora das Xornadas.

Ainda temos pendente rematar de realizar a contabilidade definitiva desta edición, pero a modo informativo e case definitivo, podemos informar:

** Ingresos: 710€ (obtidos a través do concerto, o xantar, e aportacións individuais)
** Gastos:
a) 190€ de cartelería e difusión
b) 490€ de desplazamentos de participantes
c) 235€ de manutencións e gastos de preparación do xantar antitransxénicos

Total: -215€.

Se alguén quixera ter algunha información a maiores, non tedes máis que facernos chegar as vosas peticións a través do formulario de contacto.
Agardamos vervos na VI edición das Xornadas, alá pola primaveira de 2012.

Unha aperta agroecolóxica

Distribuir contenido